sábado, 17 de noviembre de 2012

Lixo.OFF

María L., Belén C., Lorena H., Marta L., Helena G.

Considérase que o lixo é un desfeito que hai que eliminar.

O lixo non parece importante, pero se non se recicla, reutiliza.... pode custar ata vidas humáns.

Fai pouco fixemos un traballo no que nos decatamos de que tirabamos moitos refugallos e xerabamos moito lixo. Por iso o noso propósito e conseguir que no noso centro  se recicle, se reutilice e se reduza.

OFF = Apagar

Lixo "on the world"

Jennifer e Ainhoa

In the world hai moito lixo. Cada día tíranse toneladas e toneladas de lixo. Dentro de todo ese lixo hai restos orgánicos, algúns alimentos caducados que se poderían aproveitar.

Onde máis contaminamos e nos ríos e no mar, xa que tiramos plásticos, latas, medicamentos...Así o único que logramos e a morte de especies como os peixes  e octopus.

Para reducir a contaminación hai que reciclar e apricar a regra das " 3R": Reducir, Reutilizar e Reciclar.

Hai que dicir:     "Non a contaminación"
                          "Stop contamination"

Vocabulario
In the world = No mundo
Octopus = Polbo
_________________________________________________________________
Materiais de aula: Descarga en PDF
_________________________________________________________________

A Idade do Plástico

David Bourio Prieto, Daniel Arias Veiga, Miguel Bourio Prieto

A xente tira lixo ó chan sen saber as consecuencias. E gfai moito dano ao medioambiente, matando animais e prantas e contaminando as augas.

As persoas tiramos lixo ao mar e a marea lévao ata a costa e as illas matando todo o seu  paso.

Os territorios pobres teñen tanto lixo dos outros países que collen infeccións e chegan a morrer persoas.

Como nós lles chamamos aos da Idade de Pedra os extraterrestres cando nos extingamos chamaránnos os da  "Idade de Plástico" polo lixo e, sobre todo, polo plástico que xeramos na actualidade.

_____________________________________________________________________
Materiais de aula:  A vida dos residuos. Descarga en PDF
_____________________________________________________________________

Lixo, o peor enimigo

Sara Otero, Nerea Pérez, María Pérez

O lixo é un produto de refugallo que hai que intentar "eliminar" , contamina o medioambiente e pode chegar a matar os seres vivos. Xeralmente colócase en lugares como vertedeiros, depósitos sanitarios e outros lugares. Os residuos que non se poden aproveitar deberían eliminarse para evitar problemas medioambientais e de saúde.

O lixo tamén pode supoñer unha amenaza para as especies, xa que tende a acumularse e ademáis mexturado lixo de distinto tipo. Esta acumulación supón un importante problema, por exemplo para os ecosistemas mariños como ocorre cos plásticos que ademáis, tardan moito en degradarse.

___________________________________________________________________
Materiais de aula: Clasificación de residuos. Descarga en PDF
__________________________________________________________________

martes, 13 de noviembre de 2012

Midway


Un film de Chris Jordan - pero que é  Midway
Midway é un atolón de tres pequenas illas no Pacífico, preto de Hawai.

Midway foi a reserva de  "albatros"  máis grande do planeta. pero, desgraciadamente, tamén se convertiu non máis grande vertedeiro de todo o Pacífico.

Miles de toneladas de plástico rematan a súa andaina polo océano en Midway. A causa , as correntes mariñas naturais, que percorren o planeta, e o cambio climático convertíndose en parte da alimentación do albatros. Esta é a causa principal da súa morte.

Toneladas de lixo nas Cíes

Jesús Díaz Fernández (1ºC ESO)
Debuxo: Susana Mayor
7 baleas dunha tonelada cada unha

A Xunta de Galicia ven de retirar máis de 7000 kilos de lixo no Arquipélago das Illas Cíes.
Esto chámanos a atención porque equivale a 7 toneladas de lixo, é dicir,  "sete baleas de 1 tonelada cada unha".

En total retiráronse 50 sacos de lixo. Neles atopamos residuos de plástico, o máis abundante, como envases e botellas de auga. Tamén se quitaron artes de pesca abandonadas que constitúen un elemento moi perigoso pola súa gran capacidade de atrapar fauna de maneira indiscriminada. Esta tarefa de limpeza foi executada por un grupo de voluntarios do campo das Illas Cíes.

O lixo compoñíase nun 45 % de envases de plástico de todo tipo, un 40 % de artes de pesca e un 15 % de outros restos.

Na illa acumúlanse, sobre todo, restos de plástico traídos polo mar, o vento e as correntes. Isto supón un gran problema para o ecosistema mariño xa que os plásticos son residuos que tardan moito en degradarse producindo  na fauna importantes lesións e incluso a morte.

As Illas Cíes forman parte do Parque Nacional Marítimo das Illas Atlánticas protexidas polos seus ecosistemas mariños e por ter  colonias de aves mariñas que nidifican nelas.
____________________________________________________
Material aula: Lixo nas Cíes. Descarga en PDF
____________________________________________________________