martes, 13 de noviembre de 2012

Toneladas de lixo nas Cíes

Jesús Díaz Fernández (1ºC ESO)
Debuxo: Susana Mayor
7 baleas dunha tonelada cada unha

A Xunta de Galicia ven de retirar máis de 7000 kilos de lixo no Arquipélago das Illas Cíes.
Esto chámanos a atención porque equivale a 7 toneladas de lixo, é dicir,  "sete baleas de 1 tonelada cada unha".

En total retiráronse 50 sacos de lixo. Neles atopamos residuos de plástico, o máis abundante, como envases e botellas de auga. Tamén se quitaron artes de pesca abandonadas que constitúen un elemento moi perigoso pola súa gran capacidade de atrapar fauna de maneira indiscriminada. Esta tarefa de limpeza foi executada por un grupo de voluntarios do campo das Illas Cíes.

O lixo compoñíase nun 45 % de envases de plástico de todo tipo, un 40 % de artes de pesca e un 15 % de outros restos.

Na illa acumúlanse, sobre todo, restos de plástico traídos polo mar, o vento e as correntes. Isto supón un gran problema para o ecosistema mariño xa que os plásticos son residuos que tardan moito en degradarse producindo  na fauna importantes lesións e incluso a morte.

As Illas Cíes forman parte do Parque Nacional Marítimo das Illas Atlánticas protexidas polos seus ecosistemas mariños e por ter  colonias de aves mariñas que nidifican nelas.
____________________________________________________
Material aula: Lixo nas Cíes. Descarga en PDF
____________________________________________________________


No hay comentarios:

Publicar un comentario